O SOCIALISMO É A MELLOR MEDICINA

Como vén véndose cada vez con máis claridade desde principios do século XX e cada vez con máis forza nas últimas décadas, a burguesía dentro do capitalismo, no seu afán por ter maiores beneficios, foi acumulando capital ata organizarse en monopolios, onde só un puñado de burgueses ou mesmo unha única familia burguesa acumula todo o capital correspondente a unha área de produción, vivindo non só da gran cantidade de plusvalía que obtén de todos os seus traballadores senón que tamén aproveita a posición vantaxosa que lle dá ese monopolio para obter máis beneficios a maiores, aproveitándose desta situación para forzar as súas condicións nos traballadores e valéndose do Estado burgués que lle ampara para que, medidas imperialistas mediante, meter as súas gadoupas noutros países e explotar tamén á clase obreira e os recursos deses países.

Seguindo esta tendencia, as 20 empresas farmacéuticas que fornecen o 80% de medicamentos á Xunta aproveitan que son as únicas cos medios e patentes necesarios para producir os medicamentos que a sanidade galega necesita para inflar os prezos introducindo fármacos superfluos que o Sergas, servizo de Sanidade galego, non necesita. O propio Consello de Contas, a entidade fiscalizadora das contas públicas autonómicas, recoñece que estas empresas utilizan a súa posición de monopolio para impoñer as súas condicións e introducir outros dos seus produtos.

Isto implica que a Xunta ten que gastar máis diñeiro do que necesitaría na medicación, o que prexudica de maneira directa e indirectamente á clase obreira. Por exemplo, a consecuencia do maior gasto de diñeiro o Sergas non cubriu as baixas dos traballadores das residencias a maiores, deixando sen posibilidade de traballar a persoas que poderían necesitar ese posto e aumentando a carga de traballo dos traballadores que se manteñen nesas residencias sen que vexan nin un euro máis polo seu traballo. Isto provoca tanto peores condicións para os traballadores da sanidade como peor atención sanitaria ao resto da clase obreira.

Ademais, o Consello de Contas tamén se queixa de que moitas das negociacións que se fan con estas empresas non se rexistran de maneira adecuada ou directamente fanse de maneira oral, demostrando que a Xunta, como órgano de goberno da burguesía, en lugar de endurecer as negociacións e de buscar algunha maneira de solucionar este problema, fai todo o contrario. Acepta as condicións dos monopolios e lexitímaos.

Desde o Partido Comunista Obreiro Español queremos denunciar estas negociacións nocivas, que só buscan comerciar e enriquecerse á conta da saúde da clase obreira, e reivindicamos unha sanidade de calidade, pública e totalmente gratuíta que atenda por igual e de maneira eficiente a todos os traballadores. Isto só será posible coa unión de todos os traballadores baixo unha Fronte Única do Pobo baixo o que unir todas as loitas, destruír o Estado burgués e construír o socialismo.

Polo socialismo!

 

EL SOCIALISMO ES LA MEJOR MEDICINA

Como viene viéndose cada vez con más claridad desde principios del siglo XX y cada vez con más fuerza en las últimas décadas, la burguesía dentro del capitalismo, en su afán por tener mayores beneficios, ha ido acumulando capital hasta organizarse en monopolios, donde sólo un puñado de burgueses o incluso una única familia burguesa acumula todo el capital correspondiente a un área de producción, viviendo no sólo de la gran cantidad de plusvalía que obtiene de todos sus trabajadores sino que también aprovecha la posición ventajosa que le da ese monopolio para obtener más beneficios a mayores, aprovechándose de esta situación para forzar sus condiciones en los trabajadores y valiéndose del Estado burgués que le ampara para que, medidas imperialistas mediante, meter sus zarpas en otros países y explotar también a la clase obrera y los recursos de esos países.

Siguiendo esta tendencia, las 20 empresas farmacéuticas que suministran el 80% de medicamentos a la Xunta aprovechan que son las únicas con los medios y patentes necesarios para producir los medicamentos que la sanidad gallega necesita para inflar los precios introduciendo fármacos superfluos que el Sergas, servicio de Sanidad gallego, no necesita. El propio Consello de Contas, la entidad fiscalizadora de las cuentas públicas autonómicas, reconoce que estas empresas utilizan su posición de monopolio para imponer sus condiciones e introducir otros de sus productos.

Esto implica que la Xunta tiene que gastar más dinero del que necesitaría en la medicación, lo que perjudica de manera directa e indirectamente a la clase obrera. Por ejemplo, a consecuencia del mayor gasto de dinero el Sergas no cubrió las bajas de los trabajadores de las residencias de mayores, dejando sin posibilidad de trabajar a personas que podrían necesitar ese puesto y aumentando la carga de trabajo de los trabajadores que se mantienen en esas residencias sin que vean ni un euro más por su trabajo. Esto provoca tanto peores condiciones para los trabajadores de la sanidad como peor atención sanitaria al resto de la clase obrera.

Además, el Consello de Contas también se queja de que muchas de las negociaciones que se hacen con estas empresas no se registran de manera adecuada o directamente se hacen de manera oral, demostrando que la Xunta, como órgano de gobierno de la burguesía, en lugar de endurecer las negociaciones y de buscar alguna manera de solucionar este problema, hace todo lo contrario, acepta las condiciones de los monopolios y los legitima.

Desde el Partido Comunista Obrero Español queremos denunciar estas negociaciones nocivas, que sólo buscan comerciar y enriquecerse a costa de la salud de la clase obrera, y reivindicamos una sanidad de calidad, pública y totalmente gratuita que atienda por igual y de manera eficiente a todos los trabajadores. Esto solo será posible con la unión de todos los trabajadores bajo un Frente Único del Pueblo en el que unir todas las luchas, destruir el Estado burgués y construir el socialismo.

¡Por el socialismo!

 

Secretaría de Agitación y Propaganda del PCOE en Galicia




Deja un comentario